fonto
castelan galego

Armando Castosa AlvariñoBenvido / benvida á páxina web do Concello de Cospeito.


Como Alcalde é para min unha satisfacción poder saudar a todos aqueles que decidiron facer unha visita virtual a Cospeito a través da súa páxina web municipal, a cal pretende ser unha ventá aberta ó mundo e un escaparate onde se mostren aqueles contidos de interese para os nosos veciños e visitantes en xeral.


Ó mesmo tempo aproveitando as novas tecnoloxías pretendemos ofrecer ós nosos veciños a posibilidade de acceder a diversos servizos municipais para axilizar trámites e xestións coa Administración local.


Cospeito é un municipio plenamente integrado nos novos tempos e que busca día a día mellorar a súa calidade de vida, a posta en marcha desta web é claro exemplo disto.


Queremos que este portal sexa un valioso instrumento e un novo cauce de comunicación e participación de tódolos veciños co seu Concello.


Estamos convencidos de que esta conexión que abrimos directamente a cada veciño que queira utilizala, permitiranos ser máis eficaces e facer un Cospeito mellor.


Por todo isto, invítoos a que participen neste proxecto, a que expresen as súas opinións e nos fagan chegar as suxerencias e propostas que crean oportunas. Sin duda axudarannos a seguir mellorando.

 


Un cordial e afectuoso saúdo.

 


Armando Castosa Alvariño.
Alcalde de Cospeito.