En Cospeito existen carballeiras importantes e de gran sona como é a Carballeira de San Paio en Sistallo, que acolle cada ano a centenares de persoas na celebración da romaría de San Paio celebrada na propia carballeira sobre o 15 de xullo. A esta romaría achégase multitude de xente a comer de merenda cada ano.