LAGOA
O territorio englobado pola conca alta do Río Miño, xunto co seu reborde montañoso periférico foi declarado pola UNESCO no ano 2002 como “Reserva da Biosfera Terras do Miño”. Dentro desta área xeográfica atópase a Lagoa de Cospeito.
A Lagoa de Cospeito, un dos humedais máis importantes de Galicia, pertence á Rede Natura 2000, axudando a configurar o LIC “Parga-Ladra-Támoga”, un dos ecosistemas hídricos de maior singularidade da Rexión Atlántica de la Península Ibérica. Este espazo natural foi ademáis declarado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como “Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral”.
Atópase a uns 25 quilómetros de Lugo, e posiblemente sexa o humedal mellor adaptado para os visitantes. Preséntase como un refuxio ideal para numerosas variedades de aves. Está alimentada polo Río Guisande, da conca fluvial do Támoga, á súa vez afluente do Miño. Regan grandes superficies de humedais que serven como zona de invernada para diversas especies de aves migratorias nos meses de inverno e, para algunhas como lugar de paso e cría.
A Lagoa central orixinouse debido ós solos arcillosos pouco permeables e á horizontabilidade do terreo, que fai que os regatos se ramifiquen e orixinen zonas encharcadas.
Orixinalmente eran 2 lagoas, e ocupaban unha extensión de 57,50 ha. a grande e de 16,25 ha. a pequena. Na década dos sesenta cambiou o seu aspecto orixinal pola súa desecación para dedicar as terras á producción agrícola, desaparecendo grandes extensións de matorral e disminuindo moito a variedade de especies de flora e fauna.
Nos últimos tempos fíxose unha recuperación deste espazo protexido, e agora na actualidade atópase moi recuperada coa flora e fauna en aumento.
Fauna:
Nos meses de outubro-novembro e ata febreiro-marzo, pódese observar a maior cantidade de fauna con especies que chegan do norte de Europa como a avefría ( Cospeito é un dos poucos lugares de Galicia donde cría esta especie ). Tamén se pode observar o pato cuchara, que necesita augas pouco profundas para alimentarse, o ánade silbón, o ánade real, a cerceta, a galiña de auga, a garza, os zarapitos,… Tamén é posible ver sisóns, aves esteparias que atopan aquí un hábitat idóneo para alimentarse.
A Lagoa e os pardos húmidos acollen unha boa representación de anfibios como os tritóns, ras verdes de San Antonio, salamandras, … Entre os invertebrados máis destacables existentes entorno á Lagoa están o gasteorópodo Geomalacus maculosos, o lepidóptero Maculinea alcón, o ditisco e o mexillón de río. Na súa auga existe entre outros peixes a troita común. Nas inmediacións do humedal pódense ver reptís como as cobras de auga ou mamíferos como a nutria, o erizo, o corzo, o xabarín, a ardilla…
Flora:
Na Lagoa de Cospeito existe unha gran variedade de especies de plantas. O 20% da flora ameazada de Galicia pódese atopar na conca alta do Río Miño. Dentro dos macrófitos acuícolas destaca a presenza dun pequeno cardo (Eryngium viviparum ) que ten neste humedal a mellor poboación mundial da especie.
A vexetación arbórea está constituida por pequenos bosques de carballos, abeduis,… O sauce forma agrupacións defensa que teñen moita importancia como lugares de anidamento de diversas especies como os ánades reais.