fonto
castelan galego

gastronomia


No Concello de Cospeito, ó igual que no resto dos Concellos chairegos existe unha variada e rica gastronomía, contando cuns platos típicos galegos elaborados de forma exquisita polos distintos restaurantes e casas de comidas da nosa localidade.


Promovidas dende o propio concello, contamos con diversas degustacións de productos típicos, como sucede coa degustación na época da matanza, de productos do porco, coincidindo coa famosa feira do porco da ceba.  Pero tamén temos a degustación da filloa na festa da Filloa de Muimenta, ou a posiblidade de saborear o pulpo á feira en calquera das feiras que se celebran en Cospeito.


Estas exquisiteces para o paladar pódense degustar nos restaurantes da comarca; como por exemplo: 

 

RESTAURANTE ANLLO, BEIRA MIÑO, VERIAL, O XUGO , PARRILLADA MUIMENTA, TABERNA CRUÑA, BAR BAUTISTA, RESTAURANTE BASANTA, BAR RESTAURANTE ALVARIÑO, CASA ISABEL, ou nos diversos establecementos de turismo rural de Cospeito.


Voltar