Nas localidades de Arneiro e Momán( Cospeito ) existen unhas ruinas militares de gran atractivo turístico. Trátase de 3 altas antenas entre as que media a mesma distancia. Xunto á antena central ( Arneiro ) atópase a estación de control e edificios que se adicaban á vivenda. A continuación describimos estas instalacións, a súa historia e funcionamento:
1.- DATOS XERAIS:
FRECUENCIA: 285.0 KHz. UBICACIÓN: Arneiro ( Cospeito ). COORDENADAS: 431453 N 72853 W. POTENCIA: 1000 Watts. ALTURA: 112m.
2.- DATOS HISTÓRICOS:
Instaladas polo III Reich alemán, por orde do Fürher Adolf Hitler xusto antes do comezo da II Guerra Mundial para dar cobertura ás augas do Atlántico; o seu nome orixinal é SONNE ( SUN en inglés ou SOL en castelán ).Máis adiante coñeceuse como CONSOL nome creado polos aliados. Estas instalacións coñecíanse técnicamente como ELECTRO – SONNE, e o Profesor R.V. Jones foi quen deu a orde de non bombardea-las durante a II Guerra Mundial.
O mástil central radiaba a onda principal, os lateráis usábanse para radia-la mesma onda desprazada de fase para simular unha onda de rotación lenta. Esta rotación sincronizábase cun código Morse dando unha indicación da ubicación, o único equipamento necesario era un reloxo cronómetro e un receptor de frecuencia de banda BEACON. Este simple equipamento daba un rango de ata 1000 millas cunha precisión de media a alta dependendo da hora, do día e da distancia. O sistema era perfectamente coñecido polos aliados, que tamén o empregaron; esa era a razón de que nunca se bombardease. Hai unha distancia exacta de 2823.104 metros entre cada antena. Xunto á antena central hai dúas edificacións: unha plataforma de transmisión e outra formada por un dormitorio, cociña, sala de estar e garaxe. A alimentación destas antenas facíase mediante unha tubería de cobre que, cruzando a unha altura de 1.80 metros ata chegar á torre, sube por ela ata chegar ó conxunto de 3 antenas rómbicas que configuran o sistema radiante.
Durante a II Guerra Mundial había 3 estacións destas características funcionando: unha en Alemania, outra en Brest ( Francia ) e a outra en Cospeito. En Francia mantívose en funcionamento ata a década dos 60. En España, a de Cospeito pasou de ser propiedade militar a ser de uso da Aviación Civil. A estación foi propiedade militar ata o ano 1962, data na que pasou a ser da Autoridade da Aviación Civil, mans nas que se mantivo ata 1971, data de peche e abandono. Durante a II Guerra Mundial, houbo algún tipo de avería nas antenas. O auténtico problema xurdiu cando os alemáns non foron capaces de achegar as pezas de reposto a Lugo e foron os británicos os que suministraron as pezas; claro exemplo de que estas antenas eran empregadas polos dous bandos.
|