fonto
castelan galego

Rutas en Cospeito


Nunha visita ó Concello de Cospeito pódense elexir numerosas rutas para gozar das súas magníficas fermosuras, entre estas rutas destacan:


Visita á Lagoa de Cospeito:
Entorno a este maravilloso humedal existe unha ruta de sendeirismo que tanto se pode realizar a pé ou en bicicleta, e na que se poden facer diversas paradas para observar as aves da Lagoa nos miradores que se atopan ó seu arredor. No caso de querer interesarse en información sobre estas aves pódece facer unha parada no Centro de Interpretación no que o concello ten un guía municipal especializado nesta información. Se a ruta se quere facer de forma máis longa pódese partir dende a Feira do Monte por un camiño empedreado que nos leva directamente ata o Centro de Interpretación.
Visita ás maravillas arquitectónicas do noso Concello:
Pódese partir dende a Torre de Caldaloba, sita na parroquia de Pino, parte conservada dunha antiga fortaleza medieval. Accédese a ela por unha ruta de sendeirismo a pé. Tras observar este castelo, a poucos metros temos enfrente o Pazo de Caldaloba, un pazo espectacular  cunha capela fundada en 1685 por D. Rodrigo Montenegro, actualmente en propiedade particular. Estas dúas construccións distan moi poucos metros da estrada que une Rábade con Vilalba.
Nesta visita arquitectónica cómpre facer un alto ante o Pazo de Sistallo, construído polo arquitecto Salero Meizo, por encargo de Fernando Verdes de Montenegro, fillo do Cabaleiro Irlandés O ´Shea.Ten uns xardíns cunha beleza impresionante, está na estrada de Cospeito a Vilalba, a uns 3 quilómetro do Pazo de Caldaloba.
Pero neste recorrido tamén se poden visitar outros pazos existentes no noso Concello e de gran importancia como son os pazos de Barreira e Pumares.
Observase polo tanto como nun espazo de poucos quilómetros temos unha gran variedade de xoias arquitectónicas para visitar.


Visita á arquitectura relixiosa:
En tódalas parroquias do noso Concello se conta cunhas igrexas que datan dunha época pasada, cunhas estructuras espectaculares. Así pódese facer un percorrido polas distintas igrexas que datan de séculos como o s. XV, XI, XII, …, así como as grandiosas cruces feitas en cantería que locen nalgúns cemiterios como por exemplo o de Seixas.
Visita ós muiños:
En Cospeito atopamos unha serie de muiños ó longo de tódalas parroquias. Así en parroquias como Pino existen unha gran variedade de muiños, algúns deles nun estado de conservación moi bo. Pois ben unha ruta interesante e bonita para facer en bici pode ser un percorrido polos distintos muiños a través dos sendeiros que levan a eles.


Ruta do Río Támoga:
Esta ruta ten unha lonxitude aproximada duns 17 quilómetros, e parte dun entorno natural excepcional como é a Lagoa de Cospeito, discurrindo por camiños existentes próximos ós marxes do río, que forman parte da rede de camiños do Concello de Cospeito. Esta ruta atópase en fase de recuperación, para facilitar o tránsito peatonal, para o que xa existen obras adxudicadas. Esta ruta pasará polo núcleo de Támoga e introdúcese no concello de Begonte por camiños existentes no marxe dereito dos ríos Támoga e Miño, ata chegar á illa de San Roque onde concluiría a actuación de recuperación.
Ó longo desta ruta pódese observar a beleza de gran cantidade de caneiros, muiños e fontes; ruta que remata na desembocadura do Támoga no Miño, uníndose á Ruta do Miño.


Voltar