fonto
castelan galego
banner

19ª FEIRA DO PORCO DA CEBA (SAUDA DO ALCALDE)

mé, 21 de novembro de 2007 as 12:52


SAUDA DO ALCALDE

Aproximadamente no mes de abril, cumprindo co refrán: "En abril, porco ó covil", moitos productores comezan o proceso de engorde dos porcos, para que chegen guapos, lustrosos e cebados ó San Martiño.

Co maior esmero, ó longo de varios meses, procédese ó cebado dos mesmos, a base de millo, fariña, patacas, mazás, landras, xantar sobrante da casa, etc... para que unha vez acaden o tamaño desexado, se poida organizar unha cerimonia ancestral do noso convivir: "A matanza do porco".

Pero antes desta tradicional costume de antano, que é sen dúbida,á súa vez, unha das grandes festas gastronómicas de todo o ano, unha boa parte destes animáis do noso Concello, da Comarca e do resto da Provincia, acudirán para exhibirse na súa plenitude, a XIX FEIRA DO PORCO CEBADO DE COSPEITO.

Unha feira de sempre, reunión dos nosos ancestros, en feliz sintonía coa modernidade, cos tempos actuáis. Unha celebración que trascende a mera anécdota, para convertirse en algo que xa forma parte da nosa razón identitaria.

Esta é unha feira onde todos teñen cabida, unha feira que a todos nos congrega, un acontecemento, en definitiva, do que todos temos que sentirnos partícipes e responsables, porque sinxelamente, sempre foi así.

Por todo elo, como Alcalde, quero agradecer un ano mais, a todos os que de novo fan posible o celebración dunha nova edición desta feira, desexar ós que nos visiten unha xornada agradable, e por suposto, animalos a todos, a participar, a feirear e si cabe, a mercar un porco cebado, porque xa se sabe: "O que non mata porquiño, non ten lacón nin touciño"

Un saúdo moi afectuoso,

O Voso Alcalde,

Armando Castosa Alvariño


Voltar