SÁBADO, DÍA 24 DE NOVEMBRO.
PROGRAMA
8:00 Apertura do recinto feiral.
10:00 Actuación folclórica a cargo da CHARANGA de NEDA.
10:30 Actividades Deportivas (Pavillón dos Deportes Municipal).
11:00 Apertura de stands para a degustación dos productos típicos do porco.
13:00 Entrega de premios ós mellores exemplares.
13:15 Sorteo dunha parella de porquiños e sorteo dunha cesta de Nadal.
PREMIOS
1º: 180 EUROS
Doado por PIENSOS BIONA e os seus distribuidores para Cospeito: José Carlos Carreiras Rodríguez - Roás (Cospeito) e Manuel Fernández Braña - Seixas (Cospeito).
2º: 150 EUROS
Doado por POLLÁN E HIJOS, S.L. fabricante de Piensos Ara en Cospeito e Muimenta)
3º: 120 EUROS
Doado por PIENSOS PASCUAL, o seu distribuidor en Vilalba: "Productos Agrícolas O Santo, S.L.U." San Esteban de Árbol - Vilalba.
4º: 90 EUROS
Doado por ZOOGANDO, C.B., Comercial Veterinaria.
5º: 40 EUROS
6º: 40 EUROS
7º: 40 EUROS
8º: 40 EUROS
Doados polos bares da localidade: Bar Cotelo - Bar Lucerna - Bar O´Xugo - Café Bar Bautista - Mesón O Verial - Cafetería Casa da Cultura - Bar Yañez - Cervecería La Goleta.
9º: 30 EUROS
Doado por VIVEIROS D´BEN, planta de temporada - Sta. Cristina - Cospeito.
PREMIO CESTA DE NAVIDAD
Doado por Mesón O Pedregal.
BASES
1ª. Poderán participar exemplares de porcos de calquera raza sempre que os seus propietarios residan na provincia de Lugo.
2ª. Cada concursante poderá presenta-lo número de exemplares que desexe.
3ª. Tódolos exemplares deberán estar debidamente chapeados.
4ª. Cada exemplar de porco da ceba concursa a título individual, podendo acumularse mais dun premio nun mesmo propietario.
5ª. A Feira abrirase ás 8 da mañá, e entrarán en concurso tódolos exemplares de porcos de ceba que acudan ó recinto feiral antes das 10:30 horas do día 24 de novembro de 2007.
6ª. Os criterios de valoración técnicos serán emitidos por un xurado composto polo menos por facultativos.
7ª. A decisión do xurado será inapelable.
8ª. A entrega de premios terá lugar ás 13:00 horas no mesmo recinto feiral. |