Os días 26 e 27 de abril celébrase a XIX FEIRA DE MAQUINARIA USADA E ARTESANÍA, e Cospeito ábrese ós que nos visitan nestas datas con ánimos renovados. No Cospeito do século XXI, a Feira de Maquinaria Usada e Artesanía segue a cumprir con eficacia a súa función de contribuir activamente ó desenrolo e crecemento socioeconómico, tanto do noso concello, como da comarca da Terra Chá. Gracias ó constante afán de superación de moitas persoas responsables da súa organización e ó inestimable apoio das institucións, esta feira convertiuse nun dos marcos de encontro, de intercambio e de comunicación mais atractivos para a xente da provincia de Lugo, situándose así mesmo entre as de mais prestixio e relevancia de Galicia. E desta traxectoria xorde o compromiso do Concello de Cospeito para con esta feira, intentando que cada edición sexa ese gran escenario donde fructifiquen as iniciativas dos expositores e profesionais e se cumpran as expectativas de tódolos visitantes. Como Alcalde, quero convidalos unha vez mais, para a última fin de semana do mes de abril, ademais da feira, donde terán a mellor ocasión para mercar ou vender maquinaria, e disfrutar dunha gran exposición de artesanía e antigüidades, a paisaxe e a gastronomía, constituirán outros tantos atractivos que contribuirán a que a súa estadía entre nós lles resulte grata e pracenteira. Escribía o poeta Manuel María: "Vivide. Sen berros que cheguen as entrañas: Vivide. Vivir sempre. Vivir agora, denantes e despois." Fagámoslle caso. A vida é irrepetible, así que... "Vivide a Vida", "Vivide a Feira" Unha aperta a todos, O Alcalde Armando Castosa Alvariño. |