Sistallo, San Xoán de
Parroquia pertencente ao arciprestazgo de Baroncelle, delimitada polas de Rioaveso e Arbol polo Norte; Vilapene e Cospeito polo Sur; Arbol e Santa Cristina polo Leste e Oleiros e Veiga polo Oeste. Os seus 603 habitantes atópanse agrupados en 13 entidades poblacionales cunha densidade media de 69´3 hab/km2 en 1991.
Dentro do término parroquial podemos destacar o pazo dos Verdes e Montenegro, do século XVIII. Destacan así mesmo as Casas do Fidalgo e a de Anllo. Emplazada sobre un posible castro atópase a Ermida de Nosa Señora do Monte, con orixes un tanto confusas, aínda que se sabe da súa existencia xa no século XVII. A sua principal romería, a das Cruces, celébrase o xoves da Ascensión, desde o ano 1601. O templo parroquial, con planta de cruz latina, data do ano 1754.

Celebra a festa do seu patrón, San Xoán, sobre o 24 de xuño.
Na honra a San Paio dos Redos celébrase unha romaría, á que cada ano acude moitísima xente de merenda, sobre o 10 de xullo.
Na Feira do Monte celébrase a festa na honra á Virxe do Monte sobre o 8 de setembro.
Tamén na Feira do Monte se celebran As Cruces sobre o 5 de maio.
Pulse sobre a Parroquia para obter mais información.