
Naceu na parroquia de Roás, fillo de labradores, foi liberado sindical, garda municipal durante catro anos. Actualmente é funcionario no Concello de Lugo, onde se adica á xestión de asuntos culturais, e vive en Romeán. Dende 1987 colabora diariamente coa Voz de Galicia cun crucigrama en galego. É poeta, narrador e traductor.
Conta cunha gran variedade de obras tanto de poesía coma de narrativa, entre as que destacan:
Romanceiro da Terra Chá, Amor en tempo liso, A fraga amurallada, Verbas a un irmao, Ábrelle a porta ó día (poesía ).
Galván en Saor, As aventuras de Breogán Folgueria, O cervo na torre, Morte de rei, Fortunato de Trasmundi, Cándido Branco e o Cabaleiro Negro (narrativa ).
Cancioneiro de Petrarca, A Divina Comedia, Vida nova de Dante ( Traduccións ).
Obtivo diversos premios pola súa obra como os premios Cidade de Ourense, Celso Emilio Ferreiro, Martín Códax e incluso lle foi outorgada a Medalla de Ouro na cidade de Florenza.