Naceu en Cospeito, realizou estudos de música no conservatorio superior de Música de Coruña e estudos de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica nas Universidades de Coruña e Santiago. En 1991 fundou a empresa editora Edicións Espiral Maior. É poeta e dramaturgo, e entre as súas obras destacan as seguintes:
Poemas, Poemas da lenta nudez, antoloxía de poemas,…, sendo traducida a súa obra poética ó español e ó catalán. ( poesía ). Obtivo como poeta diversos premios entre os que destacan: o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo, o Premio da crítica española, o Premio Xacobeo de Poesía da Xunta de Galicia e o Premio Martín Códax.
Como dramaturgo foi premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega e Premio Biblioteca do Arlequín.