Naceu na parroquia de Seixas, “fillo de pai de once fillos de profesión labrador”. Alí tamén nunha época exerceu de carteiro. Foi redactor na Gran Enciclopedia Galega mentres cursaba Historia. Actualmente é profesor de galego en Santiago de Compostela e vive en Rianxo. É membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, tamén é membro fundador do PEN Clube de Galicia. É poeta, narrador, ensaísta, articulista e traductor. Dentro de toda a súa longa obra podemos destacar:Xuntos cara o mañán, O sangue na paisaxe, Matria de sombra, Os anos da memoria; Onde o meu nome habita ( obra poética ).
A terra prometida, A palabra secreta, Branca de Loboso, As sombras do barroco, Como levar un morto, Libro das maravillas ( obra narrativa ).
Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, Literatura século XX, Recuperar a voz, Escolma poética de Ramón Cabanillas ( obra ensaística ).
Cantan os nenos, Sempre no camiño, A poesía é o gran milagre do mundo. ( libros infantís )
Obtivo unha morea de premios e recoñecementos, entre os que podemos destacar: O premio Patronato de Rosalía de Castro, o Manuel Antonio de Poesía, o Galicia de Novela e de Poesía, o Ateneo de Moaña, Concello de Marín, Galicia e o Álvaro Cunqueiro, así como varias distincións de poesía e prosa en Guimaraes(Portugal).